saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 29 de xuño de 2023

 A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 29 de xuño de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 53087 (11/PNC-004554)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma

Sobre o cumprimento do acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do 20 de outubro de 2022 respecto da remisión ao Parlamento dos contratos co Grupo Eulen, así como o do 29 de decembro de 2022 relativo ás axudas concedidas a "El Correo Gallego"

BOPG n.º 489, do 03.05.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que cumpra inmediatamente e de xeito estrito os acordos da Comisión 1.ª do 20-10-2023, do 29-12-2022 e do 20-04-2023 relativos, respectivamente, á remisión ao Parlamento de contratos co grupo Eulen; das axudas, ingresos e garantías concedidas a El Correo Gallego e dos expedientes de contratación e informe sobre os servizos prestados pola Empresa EDA Consulting TV S.L.".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 53869 (11/PNC-004627)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pardo López, Adrián e 7 máis

Sobre a adopción dun pronunciamento de condena da represión do réxime iraniano e de compromiso coa defensa da liberdade e dos dereitos humanos

BOPG n.º 499, do 31.05.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia acorda, como Resolución:

 

1. Expresar a nosa firme condea da morte de Mahsa Amini como consecuencia da represión do réxime iraní o que desencadeou a onda de protestas por todo Irán contra a ditadura dos aiatolás.

 

2. Expresar a nosa firme condea das mortes por forca de Majidreza Rahnavard e de Mohsen Shekari por participar nas mobilizacións, así como das 400 mortes pola mesma causa que denuncian as organizacións internacionais de dereitos humáns".


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina