A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de xullo de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 27 de xuño de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Texto Lexislativo |
1.1 | Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (doc. núm. 53362, 11/PL-000022) Publicación da iniciativa, BOPG n.º 491, do 09.05.2023 Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 512, do 23.06.2023 |
Punto 2. | Comparecencia |
2.1 | 54824 (11/CPP-000136) |
Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar das liñas de acción na área de deportes | |
Punto 3. | Mocións |
3.1 | 54977 (11/MOC-000167) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana | |
Sobre a loita contra a violencia machista. (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54173, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023) | |
3.2 | 54978 (11/MOC-000168) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre a planificación da atención sanitaria na época estival (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54065, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023) | |
3.3 | 54979 (11/MOC-000169) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Carreira Pazos, Iria | |
Sobre as políticas para afrontar os delitos de odio e a fobia ao colectivo LGBT. (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54234, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023) | |
Punto 4. | Proposicións non de lei |
4.1 | 52462 (11/PNP-004346) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a recuperación das rías galegas e do marisqueo | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 480, do 12.04.2023 | |
4.2 | 52881 (11/PNP-004377) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para impulsar un plan galego para a mobilización da vivenda baleira | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023 | |
4.3 | 54255 (11/PNP-004507) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sanz Arias, Cristina e 6 máis | |
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España no que atinxe á planificación da rede de transporte eléctrica | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023 | |
4.4 | 54422 (11/PNP-004516) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis | |
Sobre acordos que se propoñen para a súa adopción por parte do Parlamento de Galicia ante a apertura de dilixencias no xulgado contra varios directivos da CRTVG por acoso moral e laboral | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023 | |
4.5 | 54478 (11/PNP-004524) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen | |
Sobre a materialización por parte do Goberno galego das promesas de axudas directas aos produtores da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega logo das súas mobilizacións do mes de abril de 2023 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023 | |
4.6 | 54496 (11/PNP-004526) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis | |
Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandarlle ao Goberno de España dirixidas a acabar cos déficits de persoal facultativo na especialidade de medicina familiar e comunitaria | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023 | |
Punto 5. | Interpelacións |
5.1 | 5627 (11/INT-000381) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis | |
Sobre a política do Goberno galego en relación co transporte público por estrada | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020 | |
5.2 | 53835 (11/INT-002594) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis | |
Sobre a política de investigación para afrontar a seca derivada do cambio climático | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 499, do 31.05.2023 | |
5.3 | 54463 (11/INT-002635) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina | |
Sobre a política de recursos humanos no Servizo Galego de Saúde | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023 | |
Punto 6. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia |
6.1 | 54825 (11/POPX-000113) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Álvarez Martínez, Luis Manuel | |
Sobre as actuacións estratéxicas do seu Goberno ata o final desta lexislatura | |
6.2 | 54829 (11/POPX-000114) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana | |
Sobre a atención do Goberno galego aos retos que Galicia ten por diante | |
Punto 7. | Preguntas ao Goberno
|
7.1 | 53546 (11/POP-008229) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín | |
Sobre a situación administrativa dos axentes ambientais pertencentes ás consellarías do Medio Rural e de Medio Ambiente | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
| |
7.2 | 51347 (11/POP-007941) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Carreira Pazos, Iria e 2 máis | |
Sobre a construción dunha central hidroeléctrica en Cornanda, no concello de Brión | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 471, do 22.03.2023
| |
7.3 | 54347 (11/POP-008318) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis | |
Sobre a situación en que se atopan os servizos e as infraestruturas ferroviarias en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
| |
7.4 | 54813 (11/PUP-000349) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Arangüena Fernández, Pablo | |
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a adxudicación de transporte escolar a Monbus | |
7.5 | 54241 (11/POP-008307) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sanz Arias, Cristina e 6 máis | |
Sobre a xestión que o Goberno de España está a realizar dos fondos europeos de recuperación no ámbito da industria | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023
| |
7.6 | 54822 (11/PUP-000350) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana | |
Sobre o cumprimento da lexislación vixente no caso da mina de San Finx en Lousame | |
7.7 | 52215 (11/POP-008067) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis | |
Sobre o novo modelo de competencias profesionais docentes | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023
| |
7.8 | 54629 (11/POP-008345) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana e 16 máis | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia no que atinxe á cobertura dunha vacante no cadro de facultativos do Centro de Saúde de Lousame | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 510, do 21.06.2023 | |
7.9 |
46095 (11/POP-006915) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis | |
Sobre as previsións do Goberno galego para dar cumprimento á Lei 5/2001, de impulso demográfico de Galicia, no que respecta ás familias monomarentais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023 |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente