A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 2 de xuño de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 53471 (11/PNC-004594)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para impulsar a comunidade autónoma como referente na loita biolóxica contra o psílido africano dos cítricos
BOPG n.º 492, do 10.05.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar a nosa comunidade como referente na loita biolóxica contra o Psílido Africano dos cítricos en particular e, por extensión, como rexión produtora e comercializadora de axentes invertebrados de control biolóxico en xeral".