saltar ao contido

O embaixador de Cuba visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 2 de xuño de 2023.- O embaixador de Cuba en España, Marcelino Medina, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde mantivo unha reunión co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e asinou no libro de honra da institución.

 

Durante o encontro, Santalices Vieira recordou os intensos vínculos de Galicia con Cuba e interesouse pola situación da colonia e das entidades galegas da illa.

 

O embaixador acudiu acompañado polos conselleiros Ana Belkis Rodríguez e René Capote, ademais de pola cónsul xeral para Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo.

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina