saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 30 de maio de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 30 de maio de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 23 de maio de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

 

Punto 1.Comparecencia
  
1.153803 (11/CPP-000127)
 Da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para informar sobre políticas de vivenda
  
Punto 2.Mocións
  
2.153593 (11/MOC-000158)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre o desenvolvemento dun plan para favorecer o uso da lingua galega (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 41335, publicada no BOPG núm. 386 do 27 de setembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 9 de maio de 2023)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
  
2.253613 (11/MOC-000159)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra
 Sobre a vivenda pública e protexida (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 52572, publicada no BOPG núm. 483 do 19 de abril de 2022, e debatida na sesión plenaria do 9 de maio de 2023)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
  
Punto 3.Proposicións non de lei
  
3.141590 (11/PNP-003516)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da actualización da nova Estratexia da cultura galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
  
3.245188 (11/PNP-003836)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodeiro Tato, Ovidio e 7 máis
 Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para reiterar a necesidade de deseñar unha proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade con criterios homologables e uniformes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
  
3.350219 (11/PNP-004140)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
 Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España  para que garanta a cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas do ecosistema industrial español, así como dos fondos Next Generation UE destinados á industria
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  
3.451606 (11/PNP-004270)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da situación da Unidade de Psiquiatría Infantoxuvenil do Hospital Universitario Lucus Augusti, de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 21.03.2023
  
3.553033 (11/PNP-004392)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co proxecto de explotación da mina de San Fins, en Lousame
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 03.05.2023
  
3.653427 (11/PNP-004432)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para elaborar un plan de emprendemento no comercio de proximidade para a mocidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 492, do 10.05.2023
  
Punto 4.Interpelacións
  
4.133049 (11/INT-001669)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de protección de menores en situación de risco e desamparo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 303, do 05.04.2022
  
4.249972 (11/INT-002388)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre o abandono de explotacións agrarias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  
4.350311 (11/INT-002408)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre a convocatoria de bolsas para o estudantado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023
  
4.451154 (11/INT-002448)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre a reversión da titularidade de terreos portuarios de uso urbano aos concellos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 467, do 15.03.2023
  
Punto 5.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
5.153797 (11/POPX-000107)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre os cambios que prevé realizar a Xunta de Galicia para mellorar a eficiencia na resposta do Goberno aos problemas da sociedade galega
  
5.253800 (11/POPX-000108)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre como valora o presidente da Xunta a situación social e económica de Galicia
  
Punto 6.

Preguntas ao Goberno

 

6.152851 (11/POP-008142)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa externalización da elaboración da estratexia para abordar o desafío climático e ambiental de Sogama
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023
  
6.245898 (11/POP-006856)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a información da que dispón o Goberno galego sobre a entrada en servizo na rede ferroviaria da nosa Comunidade Autonómica dos trens Avril, que permitan garantir os tempos de viaxe comprometidos polo Goberno central
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023

 

6.353790 (11/PUP-000337)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia
 

Sobre a previsión da Xunta de Galicia de facer un plan de conservación das estradas de competencia autonómica

 

6.453118 (11/POP-008180)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
 Sobre as previsións respecto da regulación da aprendizaxe do idioma portugués nos centros de ensino
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 489, do 03.05.2023

 

6.553528 (11/POP-008226)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Presas Bergantiños, Noa
 Sobre o cumprimento do acordo parlamentario en materia de violencia sexual no ocio nocturno
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
  
6.649123 (11/POP-007575)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón e 3 máis
 Sobre os problemas no centro terapéutico ocupacional público de Souto de Leixa, no concello de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 15.02.2023
  
6.752037 (11/POP-008043)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
 Sobre o impacto que está a supoñer a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos no número de matriculacións neste curso e na economía das familias galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023
  
6.852744 (11/POP-008129)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
 Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia das casas niño sete anos despois da súa posta en funcionamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 19.04.2023
  
6.953770 (11/PUP-000336)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aira Díaz, María del Carmen
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia ante as perdas causadas pola seca na produción agrogandeira
  

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina