A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 de maio de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 52755 (11/PNC-004525)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado en relación coas deficiencias que existen nos edificios que ocupa o Centro Oceanográfico de Vigo e a respecto do traspaso de competencias da totalidade da xestión económico-administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía, en Galicia
BOPG n.º 483, do 19.04.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1. No inmediato, demandar do Goberno do Estado que realice as accións, obras, melloras e investimentos necesarios para paliar as graves deficiencias que existen nos edificios que ocupa o Centro Oceanográfico de Vigo, consecuencia dos nulos investimentos e da total falta de mantementos durante anos.
2. Emprender de xeito inmediato a comunicación e as xestións precisas co Goberno do Estado para iniciar o procedemento para o traspaso de competencias da totalidade da xestión económico administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía en A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 de maio de 2023, adoptou os seguintes acordos:Galicia para que pasen a formar parte da estrutura da propia Xunta".