A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 12 de maio de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 12 de maio de 2023, adoptou os seguintes acordos:
- 51564 (11/PNC-004407)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Ríos Santomé, Paulo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto dos incumprimentos da empresa concesionaria do transporte público na Barbanza
BOPG n.º 470, do 21.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
- Dar cumprimento ao acordo unánime do Parlamento galego do 28 de abril de 2022 en todos e cada un dos seus puntos.
- De constatarse a persistencia dos incumprimentos continuos e reiterados da empresa concesionaria do transporte público na Barbanza, a súa falta de respecto polos usuarios e usuarias e as súas demandas e o incumprimento da lei, levar a cabo todas as actuación legais precisas para esixirlle responsabilidades por danos e prexuízos, contemplando mesmo a rescisión do contrato actual."