A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 28 de abril de 2023, adoptou o seguinteComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 28 de abril de 2023 acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 51928 (11/PNC-004453)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facilitar á empresa promotora da planta de fibras téxtiles en Palas de Rei o acceso ás axudas económicas necesarias para poñer en marcha a planta
BOPG n.º 475, do 30.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
-Poñer a disposición da empresa promotora da planta de fibras téxtiles en Palas de Rei o asesoramento técnico e económico para conseguir a financiación necesaria do proxecto e acudir as convocatorias de PERTE establecidas polo goberno de España, con garantías para a consecución duns fondos esenciais para a posta en marcha da planta.
-Demandar ao Goberno de España que cumpra co seu compromiso de garantir o financiamento necesario para a implantación desta fábrica no concello de Palas de Rei, a través dos fondos Next Generation."