saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 27 de abril de 2023

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de abril de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 25180 (11/PNC-002358)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis

Sobre a continuidade da colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade co Concello de Sober para poñer en valor os restos arqueolóxicos atopados na parroquia de Proendos

BOPG n.º 236, do 01.12.2021

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia que a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade continúe a súa colaboración có Concello de Sober para poñer en valor os restos arqueolóxicos atopados na parroquia de Proendos".


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina