saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 20 de abril de 2023

 

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 20 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 52032 (11/PNC-004461)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado Patiño, Jesús Miguel e 7 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para solicitar ao Concello de Arzúa que asuma a cesión do espazo natural de Portodemouros

BOPG n.º 478, do 05.04.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Dirixirse ao Concello de Arzúa para que negocie coa empresa propietaria do espazo natural de Portodemouros, de tal xeito que asuma a cesión de uso, mantemento e posta en valor desta área recreativa, das súas instalacións e edificacións para o disfrute da veciñanza e visitantes.

2. Abrir un diálogo co Concello de Arzúa así coma con outras administracións implicadas (por exemplo deputacións da Coruña e de Pontevedra), de xeito que se asuma un compromiso orzamentario por parte de todas elas para a rehabilitación, mantemento e posta en valor desta área recreativa, das súas instalacións e edificacións para o aproveitamento da veciñanza e visitantes."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 50328 (11/PNC-004287)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para facilitar ao Parlamento de Galicia a copia do expediente de adxudicación dos contratos formalizados en abril de 2022 coa empresa EDA Consulting TV, S.L.

BOPG n.º 461, do 01.03.2023

 

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que facilite ao Parlamento copia do expediente completo de adxudicación dos contratos formalizados en abril de 2022 coa empresa EDA Consulting TV S.L., así como un informe detallado sobre os servizos prestados como contraprestación dos 50.000 € desembolsados, incluíndo copia (no formato que se considere máis axeitado) de cada un dos contidos que foron realizados en cumprimento do contrato".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina