A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 19 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 49887 (11/PNC-004245)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para seguir incorporando á sanidade pública equipos tecnolóxicos de cirurxía robotizada
BOPG n.º 458, do 22.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar avanzando na incorporación á sanidade pública galega de equipos tecnolóxicos punteiros de cirurxía robotizada, incidindo agora naqueles que dean soporte e mellores prestacións a profesionais e pacientes nas intervencións de cirurxía traumatolóxica".
- 51700 (11/PNC-004426)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
Sobre a reclamación que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que resolva a situación do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física de Ferrol
BOPG n.º 475, do 30.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España que resolva a situación do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF) de Ferrol relativa á falla de persoal que se está dando no centro e que repercute directamente na atención aos usuarios, cubrindo de xeito inmediato os postos vacantes existentes, dotar postos de traballo fixos para reducir a contratación temporal e acometer as reformas precisas para renovar as infraestruturas e medios técnicos".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 50078 (11/PNC-004261)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da praza de matrona e do servizo de pediatría do Centro de Saúde da Baña
BOPG n.º 458, do 22.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
1. Cubrir de inmediato a praza de matrona no centro de saúde da Baña e garantir a súa continuidade.
2. Cubrir o servizo de pediatría no Concello da Baña e garantir a cobertura das ausencias de persoal".