A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 51859 (11/PNC-004445)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto dos incumprimentos da empresa adxudicataria do servizo de salvamento marítimo de Galicia
BOPG n.º 475, do 30.03.2023
Sométese a votación separada por alíneas:
Alíneas 1, 2, 3 e 4: resultan aprobadas pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
Alínea 5: resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstención.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta o Goberno da Xunta de Galicia a:
. Levar a cabo as investigacións que determinen as posíbeis responsabilidades nas que a empresa Babcock International/Avincis podería estar incorrendo respecto das cláusulas do contrato do servizo de Salvamento marítimo de Galicia.
. Determinar as responsabilidades da empresa adxudicataria en canto ás normativas que regulan as actividades que se recollen no contrato.
. Aplicar as penalizacións establecidas no contrato polos posíbles incumprimentos do mesmo.
. De se daren incumprimentos graves, poñer en marcha os mecanismos legais para a verificación da execución e cumprimento estrito do contrato coa empresa."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 46603 (11/PNC-004010)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central para que rectifique a decisión de excluír os produtos do mar da rebaixa do IVE
BOPG n.º 438, do 19.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que rectifique a decisión de excluír ao produtos do mar da rebaixa do IVE, de tal xeito que se lles aplique o mesmo tratamento fiscal que a outros alimentos básicos e de primeira necesidade, como medida de apoio para as familias con rendas baixas ou en situación de vulnerabilidade, para fomentar o consumo saudable e como iniciativa de apoio tamén a conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro."