A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 14 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 46937 (11/PNC-004051)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa praga de térmites no Instituto de Educación Secundaria Alfredo Brañas, de Carballo
BOPG n.º 438, do 19.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
- Tan pronto sexa posible e, en todo caso, antes do inicio do curso 23-24, sen interferir na actividade académica, contrate unha actuación técnica e profesional para eliminar a praga de térmites ou caruncho que poida existir no IES Alfredo Brañas de Carballo.
- Acometa as actuacións necesarias nas fachadas do edificio para evitar a caída de cascotes."