saltar ao contido

Acordo da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 13 de abril de 2023

 

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 13 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 50667 (11/PNC-004326)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado a respecto da tributación das pensións de xubilación calculadas con achegas a mutualidades laborais

BOPG n.º 465, do 08.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta a demandar do Goberno do Estado:

 

  1. Que o Instituto Nacional da Seguridade Social non integre na base impoñíble das prestacións que aboa ás persoas beneficiarias a parte non suxeita a tributación segundo o criterio da resolución do TEAC de 1 de xullo do 2020 sobre o tratamento das achegas a Mutualidades laborais anteriores a 1 de xaneiro do 1967.

 

  1. Que Axencia Tributaria facilite o máximo posible o proceso de devolución das cantidades cobradas indebidamente durante os últimos catro exercicios por IRPF ás persoas que realizaron achegas a mutualidades laborais antes do 1 de xaneiro de 1967, incluíndo a posibilidade da devolución de oficio aos afectados."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina