saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 5 de abril de 2023

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 5 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 51534 (11/PNC-004404)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que as comunidades relixiosas con arraigamento en Galicia teñan un espazo para enterramentos acorde coas súas crenzas

BOPG n.º 470, do 21.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

-Impulsar cos representantes da FEGAMP, unha vez constituídas as novas corporacións municipais, para acordar fórmulas e prazos concretos para a creación de cemiterios de carácter supramunicipal que poidan atender a demanda de enterramentos conforme aos criterios das confesións relixiosas minoritarias con maior arraigamento en Galicia, no marco da normativa xeral e sectorial.

-Seguir traballando na modificación do Decreto 151/2014, do 20 de novembro de sanidade mortuoria de Galicia, para regular aqueles enterramentos que teñan que ser feitos en contacto coa terra."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 48267 (11/PNC-004131)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Vidal, Ana Belén e 6 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para a creación dunha unidade de estranxeiría no concello de Noia

BOPG n.º 446, do 01.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para a creación dunha unidade de estranxería no Concello de Noia, que facilite os procedementos para a obtención de documentaciónComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 5 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos: persoal, tanto dos cidadáns españois coma dos estranxeiros."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina