A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 4 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 50509 (11/PNC-004314)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para trasladar a todas as forzas políticas galegas con representación no Parlamento Europeo o seu desacordo con Bruxelas por actuar en contra dos intereses do sector pequeiro
BOPG n.º 465, do 08.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a trasladar a todas as forzas políticas galegas con representación no Parlamento Europeo o desacordo ante a oficialización de Bruxelas de vetar a pesca de arrastre nun terzo das augas dos Estados membros no 2024 e en todas as áreas mariñas protexidas da UE en 2030, por actuar sistematicamente en contra dos intereses do sector pesqueiro."