A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 11 de abril de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de abril de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Comparecencia |
1.1 | 52393 (11/CPP-000123) |
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar das actuacións postas en marcha en prol da recuperación da terra agraria de Galicia, entre as que se atopan os instrumentos instaurados ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as concentracións parcelarias, entre outros | |
Punto 2. | Mocións |
2.1 | 51842 (11/MOC-000149) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
González Albert, María | |
Sobre a aprobación do Consello de Informativos e o Estatuto profesional na Corporación Radio e Televisión de Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 50359, publicada no BOPG núm. 461, do 1 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de marzo de 2023) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023 | |
2.2 | 51925 (11/MOC-000150) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago | |
Sobre a política do Goberno galego en relación coa planta xudicial en Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 6169, publicada no BOPG núm. 59, do 9 de decembro de 2020, e debatida na sesión plenaria do 21 de marzo de 2023) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023 | |
2.3 | 51926 (11/MOC-000151) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen | |
Sobre o mercado de traballo. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 50750, publicada no BOPG núm. 465, do 8 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de marzo de 2023) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023 | |
Punto 3. | Proposicións non de lei |
3.1 | 50898 (11/PNP-004205) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia con respecto á elaboración dun plan de retención de talento | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 467, do 15.03.2023 | |
3.2 | 51333 (11/PNP-004237) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Puy Fraga, Pedro e 14 máis | |
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que transfira fondos europeos para a súa xestión directa | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 467, do 15.03.2023 | |
3.3 | 51463 (11/PNP-004253) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis | |
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para tratar as necesidades específicas do Corredor Atlántico Noroeste co comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 21.03.2023 | |
3.4 | 51522 (11/PNP-004259) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis | |
Sobre a demanda que debe facer o Goberno galego ao Goberno español para que retire os plans de ordenación do espazo marítimo aprobados polo Consello de Ministros o 28 de febreiro | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 21.03.2023 | |
3.5 | 51833 (11/PNP-004297) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis | |
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para instar os grupos políticos con representación no Congreso a que apoien o texto da Proposición de lei de transferencia da AP-9 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023 | |
3.6 | 51844 (11/PNP-004298) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis | |
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para iniciar as negociacións entre os grupos con representación parlamentaria para a renovación da Dirección Xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023 | |
Punto 4. | Interpelacións |
4.1 | 50867 (11/INT-002436) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo | |
Sobre os fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023 | |
4.2 | 51614 (11/INT-002473) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis | |
Sobre a contratación publica do Servizo Galego de Saúde | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 21.03.2023 | |
4.3 | 51738 (11/INT-002480) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís | |
Sobre o transporte público por estrada | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023 | |
Punto 5. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia |
5.1 | 52389 (11/POPX-000101) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Álvarez Martínez, Luis Manuel | |
Sobre as medidas de apoio que está a adoptar o Goberno galego en relación á defensa dos maiores | |
5.2 | 52392 (11/POPX-000102) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana | |
Sobre as medidas previstas para evitar o espolio eléctrico de Galicia | |
Punto 6. | Preguntas ao Goberno
|
6.1 | 51887 (11/POP-008024) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis | |
Sobre o aproveitamento lúdico das augas termais en Ourense, nomeadamente das Burgas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023
| |
6.2 | 52376 (11/PUP-000324) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Arangüena Fernández, Pablo | |
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación co funcionamento da Comisión Galega da Competencia | |
6.3 | 47488 (11/POP-007292) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Seco García, Martín e 2 máis | |
Sobre a denegación por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da solicitude de subvención do Concello de Melide na actuación de posta en valor e difusión dos valores ambientais do río Furelos | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 26.01.2023
| |
6.4 | 51304 (11/POP-007939) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis | |
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para garantir o cumprimento da normativa medioambiental vixente e os dereitos da veciñanza da zona da fábrica Tableros Hispanos S.L.U., en Nadela, Lugo | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 471, do 22.03.2023 | |
6.5 | 45495 (11/POP-006708) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis | |
Sobre a posición da Xunta de Galicia diante da nova proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade, dos criterios de avaliación, do calendario de implantación e da proba de madurez | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023 | |
6.6 | 51425 (11/POP-007953) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis | |
Sobre a postura do Goberno galego en relación coas declaracións da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade a un medio radiofónico respecto do Goberno do Estado | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 471, do 22.03.2023 | |
6.7 | 52363 (11/PUP-000322) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis | |
Sobre os acordos acadados na Mesa Sectorial de Sanidade entre as organización sindicais e a Consellería de Sanidade sobre o ámbito da Atención Primaria | |
6.8 | 52373 (11/PUP-000323) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Ríos Santomé, Paulo | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia para a cobertura das prazas de pediatría no centro de saúde do concello de Bueu | |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente