saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 30 de marzo de 2023

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 30 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 48790 (11/PNC-004171)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para continuar traballando na sinatura e na implantación de plans locais de saúde

BOPG n.º 450, do 08.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar traballando na firma e implantación de Plans locais de saúde en todo o territorio galego."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 48206 (11/PNC-004126)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e Carreira Pazos, Iria

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para paliar o déficit de persoal do Servizo de Urxencias do Hospital do Barbanza

BOPG n.º 446, do 01.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a a atender a demanda realizada polo persoal médico das Urxencias do Hospital do Barbanza, realizando de xeito inmediato as contratacións que sexan precisas para paliar o déficit de persoal que vén padecendo."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina