3.2 46507 (11/PNP-003878)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para garantir investimentos estratéxicos no sector téxtil en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia:
1.- Insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno central unha alternativa ao Perte do téxtil -aparcado sen explicación e pese á vontade do sector-, capaz de garantir investimentos estratéxicos tanto para a industria de Galicia como para o conxunto da economía galega.
2.- Ademais insta ao Goberno galego a demandar ao Goberno de España a que cumpra co seu compromiso de garantir o financiamento necesario para a implantación da fábrica de fibras téxtiles sostibles da multinacional lusa Altri, no Concello de Palas de Rei, a través dos fondos Next Generation".
3.3 49894 (11/PNP-004111)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da reconstrución do viaduto do Castro, da autovía do Noroeste
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a pedir ao Goberno España que:
1º- Proceda con toda a celeridade posible a dar solución ao problema xerado tras o colapso e o peche á circulación do viaduto do Castro, na Autovía do Noroeste, unha das principais vías de entrada e saída de Galicia á Meseta.
2ª- Inicie a reconstrución do viaduto do Castro en ambos os sentidos de xeito simultáneo, co fin de restablecer o antes posible a circulación por este punto da A-6.
3º- Actúe con transparencia e ofreza información continua para manter ao día aos galegos, aos concellos afectados e á Administración autonómica sobre as novidades e avances que se vaian producindo en relación aos prazos e previsión sobre a reconstrución do viaduto".
3.4 50396 (11/PNP-004156)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para presentar un informe respecto das cantidades executadas e os logros acadados co desenvolvemento das liñas estratéxicas do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a presentar, antes de que remate o ano 2023, un informe no que se detallen:
1. As cantidades executadas, tanto no ano 2021 como no 2022, en cada unha das liñas estratéxicas do Pacto Social de Vivenda de Galicia 2021-2025.
2. As actuacións concretas e logros acadados en cada un dos programas e accións nos que se desenvolven as liñas estratéxicas que conforman dito pacto".
2.
3.5 50721 (11/PNP-004190)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para aumentar os recursos humanos na área de saúde mental do sistema sanitario público, nomeadamente nas unidades infanto-xuvenís
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xuntade Galicia a:
1. Aumentar o volume de recursos humanos no área de saúde mental do sistema sanitario público de Galicia ata acadar, nun prazo de 3 anos, a media de profesionais de España en cada categoría profesional implicada.
2. Convocar todas as prazas de formación especializada relacionadas coa saúde mental ata, como mínimo, que se acade a equiparación coa media de profesionais do resto de España.
3. Iniciar os trámites necesarios para ter en marcha unha unidade de hospitalización infanto – xuvenil en cada área sanitaria de Galicia ao fin de 2024.
3.
4. Axilizar o proceso de dixitalización e optimización de recursos materiais nas unidades de pediatría e saúde mental que permitan mellor operatividade e confidencialidade a profesionais e pacientes".
4.
3.6 50946 (11/PNP-004210)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para manter a actividade e o emprego do Grupo Ganomagoga
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar todas cantas actuacións sexan precisas para retomar a actividade e o emprego no Grupo de empresas Ganomagoga, a comezar, de xeito urxente, por reunirse con todas as partes afectadas, nomeadamente coa representación do seu cadro de persoal e por solicitar formalmente a incorporación da Xunta de Galicia á mesa ou mesas de negociación dos ERE's anunciados"
Saúdos, Gabinete de Comunicación.