saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 10 de marzo de 2023

 A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 10 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 50405 (11/PNC-004295)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Candia López, María Elena e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para promover medidas de bioseguridade para controlar a enfermidade da flavescencia dourada da vide

BOPG n.º 461, do 01.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover o desenrolo, a divulgación e a posta en práctica de medidas de bioseguridade que permitan controlar a enfermidade ocasionada por mor do organismo nocivo de corentena da flavescencia dourada.

 

Así mesmo, que estude poñer en práctica un sistema de información dirixida aos viticultores que lles permita recibir as alertas e a información respecto a flavescencia dourada."

 

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

 

Elección membros da Mesa

 

Elección de vicepresidente

-  (11/CEEM-000039)

 

D. José Antonio Armada Pérez (P)


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina