A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 1 de marzo de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 48899 (11/PNC-004181)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para visibilizar o Camiño de Santiago como vector de igualdade
BOPG n.º 450, do 08.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta ao Goberno galego a que, a prol de visibilizar a igualdade real entre homes e mulleres, os dous títulos de carácter persoal de Embaixadora ou Embaixador de Honra do Comiño de Santiago se outorguen a dúas mulleres que cumpran cos requisitos esixidos no artigo 2 do Decreto que regula a concesión.
O Parlamento de Galicia acorda presentar de xeito consensuado entre os grupos parlamentarios as candidaturas de dúas mulleres que cumpran os requisitos esixidos para que lles sexan outorgados os dous títulos de carácter persoal de Embaixadora ou Embaixador de Honra do Camiño de Santiago."
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023