Santiago, 1 de marzo de 2023.- A exposición itinerante integrada por unha escolma das máis de 300 pezas que conforman a colección de arte do Parlamento de Galicia poderá visitarse na sede Afundación de Ferrol entre o 2 de marzo e o 20 de maio.
A exposición, titulada A Nosa Arte", recala en Ferrol logo de estar aberta en Vigo desde o pasado mes de novembro.
O Parlamento de Galicia conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Afundación para executar este proxecto expositivo, no que tamén participa a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.
A mostra está comisariada por tres académicos da institución: a catedrática emérita de Historia da Arte e arquiveira-bibliotecaria da Academia, María Victoria Carballo-Calero; e os académicos da sección de Arqueoloxía e Museoloxía Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Valle Pérez. Os tres foron os encargados de realizar a escolma das obras que se amosarán na exposición, un total de 35 pezas; a maior parte delas percorrerán todas as cidades, mentres que arredor dunha cuarta parte irán mudando en función da urbe na que se exhiban.
E exposición itinerante “A Nosa Arte" enmárcase na programación cultural do Parlamento de Galicia e xurde cun dobre obxectivo: dar a coñecer a colección de arte da Cámara galega e achegar o poder lexislativo galego á cidadanía.
A inauguración da mostra está revista para mañá xoves, ás 19,30 h. na sede Afundación de Ferrol (Praza da Constitución, s/n).
Saúdos, Gabinete de Comunicación.