saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 7 de marzo de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 7 de marzo de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de febreiro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Textos lexislativos
  
1.1Proposta de tramitación polo procedemento especial de lectura única da Proposición de lei, do G.P. Popular de Galicia, de modificación da Lei do Consello Consultivo de Galicia e, se é o caso, debate e votación (50429, 11/PPL-000014).
  
1.2Proposta de tramitación polo procedemento especial de lectura única da Proposición de lei, do G.P. Popular de Galicia, de medidas sobre o réxime xurídico do persoal ao servizo do Valedor do Pobo e do Consello de Contas e, se é o caso, debate e votación (50430, 11/PPL-000015).
  
1.3

Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (doc. núm. 42308, 11/PPL-000012)

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022

  
Punto 2.Comparecencia
  
 50664 (11/CPP-000119)
 Da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, por petición propia, para informar sobre a estratexia para mellorar o saneamento e a depuración das rías galegas
  
Punto 3.Mocións
  
3.150448 (11/MOC-000143)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel
 Sobre o fomento da lingua galega. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 47608, publicada no BOPG núm. 455, do 16 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de febreiro de 2023)
  
3.250499 (11/MOC-000144)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as listas de agarda non estruturais do Servizo Galego de Saúde. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  49002, publicada no BOPG núm. 455, do 16 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de febreiro de 2023)
  
3.350527 (11/MOC-000145)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina
 Sobre a política en relación co impulso demográfico. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  41573, publicada no BOPG núm. 455, do 16 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 21 de febreiro de 2023)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.132926 (11/PNP-002872)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da aprobación do Plan de igualdade e da incorporación nel de medidas que garantan os dereitos de conciliación do persoal da Administración pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 303, do 05.04.2022
  
4.249064 (11/PNP-004054)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado respecto da prohibición da instalación de parques eólicos na costa de Galicia e no Cantábrico noroeste
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
4.349298 (11/PNP-004067)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 7 máis
 Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado para implantar todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 15.02.2023
  
4.449599 (11/PNP-004095)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
 Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da renovación da frota da liña ferroviaria de largo métrico que opera en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  
4.549967 (11/PNP-004116)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en marcha en Ferrol o polo de I+D en enerxías renovables e almacenamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  
4.650124 (11/PNP-004130)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para estender a Rede de centros de información á muller a todo o territorio galego e realizar unha campaña de información pública para dalos a coñecer
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.130749 (11/INT-001523)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a creación dun observatorio de igualdade de xénero no sector pesqueiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
  
5.247667 (11/INT-002305)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre a igualdade nos centros de ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023
  
5.348403 (11/INT-002330)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre a rexeneración dos bancos marisqueiros das rías
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
6.150637 (11/POPX-000097)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a consideración da garantía dos dereitos das mulleres como un eixo prioritario do Goberno galego
  
6.250644 (11/POPX-000098)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre a valoración que fai o presidente da Xunta de Galicia a respecto da situación sociolaboral das mulleres galegas
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.148651 (11/POP-007506)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da declaración de emerxencia de interese galego para atender os danos producidos polas riadas do mes de decembro de 2022 e primeiros días de 2023
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
7.250581 (11/PUP-000311)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María
 

Sobre a substitución por parte do Goberno galego da Dirección Xeral da Corporación de Radio e Televisión de Galicia

 

7.350074 (11/POP-007783)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Santos Costa, Manuel e 8 máis
 Sobre a incidencia da sentenza xudicial sobre Ence no recurso interposto pola Xunta de Galicia contra a modificación do Regulamento de Costas impulsada polo Goberno de España
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023

 

7.449587 (11/POP-007647)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
 Sobre a reparación e o mantemento estrutural das vivendas de promoción pública no barrio de Covadonga, en Ourense
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023

 

7.547040 (11/POP-007197)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre a garantía de protección das vítimas de violencia de xénero que acoden á xustiza

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 26.01.2023

 

7.648787 (11/POP-007520)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 7 máis
 Sobre as medidas específicas de cara ás traballadoras embarazadas recollidas no I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no Servizo Galego de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023

 

7.7               49301 (11/POP-007605)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Prado del Río, Paula e 7 máis

Sobre a valoración do Goberno galego en relación coas rebaixas de condenas e excarcelacións que están a ter lugar en Galicia en aplicación da Lei 10/2022, do 6 de setembro, coñecida como a Lei do só si é si

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 15.02.2023

                   

7.850580 (11/PUP-000310)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
 Sobre as medidas de choque previstas por parte do Goberno galego para loitar contra a fenda salarial
  
7.949955 (11/POP-007736)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María e 4 máis
 Sobre a perda de servizos e a deterioración da atención sanitaria no Hospital Público de Valdeorras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

 

 

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina