A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 24 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo :
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 47481 (11/PNC-004094)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para restituír ao patrimonio cultural de Galicia dúas esculturas desaparecidas do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro
BOPG n.º 441, do 25.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Analizar o caso da desaparición das dúas esculturas do mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro co obxectivo de restituír estes bens ao patrimonio cultural de Galicia.
Reclamar a restitución para o patrimonio cultural galego das dúas esculturas do mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro que se atopan no Museo Marès de Barcelona, toda vez que quede demostrado que foran espoliadas nos anos 50."