A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 23 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 42081 (11/PNC-003689)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para seguir poñendo en valor as medidas de apoio ao pobo ucraíno
BOPG n.º 394, do 13.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir poñendo en valor as medidas de apoio ao pobo ucraniano como por exemplo o acordo de colaboración presentado o pasado mes de xullo coa asociación AGA-Ucraína."