4.1 17581 (11/PNP-001725)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para rematar a vía de alta capacidade da costa norte Ferrol-San Cibrao
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Facer unha aposta decidida, real e efectiva pola VAC Costa-Norte, levando a cabo, en diálogo e consenso cos concellos polos que transcorre esta infraestrutura, todas as accións precisas para rematar e poñer en funcionamento todos os tramos da vía de alta capacidade Costa Norte Ferrol-San Cibrao, no menor tempo posible.
2.- Dirixirse ao Goberno central para que:
2.1.- Execute a obra de emerxencia consistente no arranxo da estrada N-642, tralo socavón que tivo lugar no seu firme, no treito entre Burela e Cangas de Foz (á altura da praia de Areoura).
2.2.- Faga unha aposta decidida, real e efectiva pola construción e execución da A-74 entre Barreiros e San Cibrao, levando a cabo todas as accións precisas para a súa posta total en funcionamento no menor tempo posible".
4.2 44473 (11/PNP-003785)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para executar todos os orzamentos que ten propios e procedentes do Plan estatal de acceso á vivenda 2022-2025 e dos fondos europeos para a construción de vivendas destinadas ao alugueiro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 418, do 07.12.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que execute todos os orzamentos que ten propios e procedentes do Plan estatal de acceso a vivenda 2022/2025 e dos fondos europeos para a construción de vivendas destinadas ao alugueiro.
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que transfira os fondos que, en materia de vivenda, pertencen lexitimamente á Comunidade Autónoma de Galicia, en canto titular estatutario das competencias nesta materia (artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia)".
4.3 48602 (11/PNP-004022)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un protocolo de prevención e intervención fronte a agresións e abusos sexuais no ocio nocturno
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1.- Abrir un proceso de diálogo con representantes do ocio nocturno, no marco do observatorio Galego da Violencia de Xénero, para impulsar a elaboración, aprobación e aplicación dun protocolo de prevención e intervención fronte agresións sexuais. O protocolo deberá incluír, entre outras, actuacións en todos os ámbitos (incluídos o sanitario e o policial), así como: formación e información específica dirixida ao persoal dos establecementos.
2.- Publicar o protocolo e todo o material ligado a el (sinaléctica, fluxogramas, anexos) a través do portal web da Xunta de Galicia para garantir a súa difusión entre os establecementos e calquera persoa que a título individual o queira coñecer".
4.5 48809 (11/PNP-004039)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un plan galego fronte ás condutas adictivas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
1. A relevancia da prevención e o seu beneficio, especialmente nas idades de adultos novos e menores de idade.
2. A dotación de recursos para elaboración propia de campañas de prevención, así como a creación dunha liña de axudas e colaboracións con entidades do sector que desenvolvan actividade preventiva e de asistencia a persoas afectadas.
3. Adoptar a consideración de todas as persoas afectadas por unha adición como enfermas, seguindo os criterios validados dende o punto de vista clínico e asistencial para elo, e que poidan ser tratados da súa patoloxía a través do sistema público de saúde.
4. Ter en consideración as adicións a novas tecnoloxías, e situacións derivadas, no plano que lles corresponde segundo os criterios clínicos actuais.
5. Crear un Comité Galego de Estudo das Adicións, que integre a persoal da «administración, clínico, asistencial, do asociacionismo implicado e do eido académico que permita avaliar a evolución do problema e presentar propostas de medidas ante o Goberno de Galicia."
6. Cumprir o acordo parlamentario de marzo de 2021 sobre as unidades que tratan condutas aditivas, dentro do marco xeral de acordo entre Xunta e FEGAMP para delimitación competencial no ámbito das administracións locais e autonómica".
4.6 49281 (11/PNP-004066)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que as actividades de percebeiros e bateeiros se desenvolvan de xeito coordinado e en igualdade de condicións
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Dar continuidade á aplicación das medidas propostas, para a recolección, produción e xestión da mexilla, especialmente daquelas dirixidas á disposición de áreas con presenza de mexilla e da análise das causas que poden afectar á súa fixación e existencias.
2.- Continuar co diálogo para que ambas actividades se desenvolvan de xeito coordinado e en igualdade de condicións, e se asegure o entendemento e beneficio mutuo dos intereses das dúas partes".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.