A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 15 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 46604 (11/PNC-004011)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda que ten que realizar a Xunta de Galicia fronte ao Goberno de España para que nos proxectos de enerxías renovables que están a tramitar aquelas comunidades autónomas que emitan conxuntamente a autorización administrativa previa e de construción se lles aplique a data límite fixada para esta última
BOPG n.º 438, do 19.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que nos proxectos de enerxías renovables que están a tramitar aquelas Comunidades Autónomas que emitan conxuntamente a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, se lles aplique a data límite fixada para esta última".
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023