saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 21 de febreiro de 2023


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de febreiro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de febreiro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.

Solicitude de creación dunha comisión de investigación

 

Proposta polas 19 deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a tramitación da autorización de parques eólicos por parte da Xunta de Galicia e nomeadamente sobre os plans industriais e as monetarizacións dos parques eólicos adxudicados no concurso eólico de 2010 (doc. núm. 48941, 11/SCI-000007)

 Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 451, do 09.02.2023
  
Punto 2.Comparecencia
  
 49767 (11/CPP-000117)
 Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, por petición propia, para informar sobre a situación e perspectivas do desenvolvemento eólico en Galicia
  
Punto 3.Mocións
  
3.149613 (11/MOC-000138)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a atención primaria no sistema sanitario público galego (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  46698, publicada no BOPG núm. 447, do 2 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023)
  
3.249687 (11/MOC-000140)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín
 Sobre  as axudas para os produtores agrogandeiros en ecolóxico (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  44916, publicada no BOPG núm. 447, do 2 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023)
  
3.349689 (11/MOC-000141)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís
 Sobre as axudas á agricultura ecolóxica (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  44622, publicada no BOPG núm. 447, do 2 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023)
  
3.449692 (11/MOC-000142)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre os dereitos sexuais e reprodutivos da muller (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  47324, publicada no BOPG núm. 441, do 25 de xaneiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de febreiro de 2023)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  

4.1               17581 (11/PNP-001725)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para rematar a vía de alta capacidade da costa norte Ferrol-San Cibrao

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 29.06.2021

 

4.2               44473 (11/PNP-003785)

 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para executar todos os orzamentos que ten propios e procedentes do Plan estatal de acceso á vivenda 2022-2025 e dos fondos europeos para a construción de vivendas destinadas ao alugueiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 418, do 07.12.2022
  
4.348602 (11/PNP-004022)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Presas Bergantiños, Noa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un protocolo de prevención e intervención fronte a agresións e abusos sexuais no ocio nocturno
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
4.448659 (11/PNP-004029)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para resolver os procesos selectivos das ofertas públicas de emprego dos exercicios 2018 e 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
4.548809 (11/PNP-004039)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un plan galego fronte ás condutas adictivas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
4.649281 (11/PNP-004066)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 13 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que as actividades de percebeiros e bateeiros se desenvolvan de xeito coordinado e en igualdade de condicións
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.141573 (11/INT-002022)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a política en relación co impulso demográfico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
  
5.247608 (11/INT-002298)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
 Sobre o fomento da lingua galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023
  
5.349002 (11/INT-002350)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre as listas de agarda non estruturais do Servizo Galego de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.149754 (11/POPX-000095)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre que medidas vai tomar o Goberno galego diante da reacción social polo deterioro dos servizos públicos
  
6.249755 (11/POPX-000096)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as intencións de rectificación da política sanitaria do Goberno galego
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.149679 (11/PUP-000303)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis
 

Sobre a valoración por parte do Goberno galego da xestión dos fondos europeos realizada polo Goberno de España

 

7.246269 (11/POP-007004)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do restablecemento do servizo de mantemento co que durante seis meses apoiaba os concellos pertencentes ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023

 

7.348100 (11/POP-007389)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego para iniciar, no ano 2023, os trámites para a construción do tramo da autovía da Costa da Morte que vai de Baio a Berdoias
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023

 

7.449697 (11/PUP-000304)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 

Sobre o cumprimento da lei relativa á autorización de verteduras industriais e á actividade mineira no caso das instalacións de San Finx, no concello de Lousame

 

7.549743 (11/PUP-000305)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis
 

Sobre o risco para o marisqueo da ría de muros e Noia que supón a autorización de vertido da mina de San Finx en Lousame

 

7.648272 (11/POP-007431)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
 Sobre o investimento para facilitar a conciliación das familias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023
  
7.745696 (11/POP-006780)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do establecemento dun plan específico para dotar de persoal a atención primaria na zona sur de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023
  
7.847379 (11/POP-007251)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 9 máis
 Sobre as obras de reforma proxectadas polo Goberno galego no Centro de Saúde da Milagrosa, na cidade de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 26.01.2023
  
7.948036 (11/POP-007346)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia de cubrir todas as baixas e vacacións da atención primaria da comarca da Mariña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 446, do 01.02.2023
  

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

 

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023

 

 

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina