saltar ao contido

Acordo da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 10 de febreiro de 2023

 

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 10 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso


Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 46420 (11/PNC-004002)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis

Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que durante a Presidencia de España da Unión Europea, no segundo semestre de 2023, a próxima repartición do total admisible de capturas e cotas se realice de xeito plurianual

BOPG n.º 436, do 12.01.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao  Goberno de España para que adopte as medidas necesarias para que durante a Presidencia de España da UE no segundo semestre de 2023, o próximo reparto de TAC e cotas xa se realice de xeito plurianual."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina