Santiago, 9 de febreiro de 2023.- A embaixadora de Polonia en España, Anna Sroka, efectuou este mediodía unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde mantivo unha reunión co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira. A diplomática acudiu acompañada polo cónsul honorario de Polonia en Galicia, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa.
Para o presidente do Parlamento de Galicia, “cultivar as relacións institucionais e a amizade cos países aliados e amigos na procura dunha orde internacional máis xusta é unha obriga para todos cantos desempeñamos responsabilidades públicas".
Na reunión tamén participaron o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy Fraga, e maila deputada Leticia Gallego Sanromán, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia.