4.4 46730 (11/PNP-003903)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para prolongar o servizo activo do persoal médico de atención primaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España o impulso das modificacións legais oportunas para permitir que o novo réxime de xubilación activa mellorada para médicos de familia e pediatras de atención primaria poida aplicarse a estes profesionais ata os 72 anos de idade".
4.5 47099 (11/PNP-003936)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para solicitarlle ao presidente do Goberno o cesamento inmediato da secretaria de Estado de Igualdade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“1. O Parlamento de Galicia amosa o seu rexeitamento á actitude e declaracións da Secretaria de Estado de Igualdade bromeando sobre as rebaixas de penas e a excarceración de agresores sexuais.
2. O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España solicitándolle ao Presidente do Goberno o cese inmediato da Secretaria de Estado de Igualdade e da Ministra de Igualdade, Irene Montero, polas irresponsables e indignas declaracións efectuadas e pola súa obcecada inacción para protexer ás mulleres.
3.- O Parlamento de Galicia acorda manifestar o seu apoio á tramitación urxente da Proposición de Lei de modificación da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal no relativo aos delitos de agresións sexuais, promovida polo Grupo Parlamentario Popular -en decembro de 2022-, para que quen cometa delitos sexuais poida ter, canto antes, as mesmas penas que estaban en vigor ata setembro de 2022, e que se viron rebaixadas pola actual regulación".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.