A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 2 de febreiro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 44743 (11/PNC-003929)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre a elaboración por parte da Xunta de Galicia dun documento no que se relacionen as contías anuais recibidas pola Xunta de Galicia do Fondo de Compensación Ambiental dende 2010 de cada un dos parques eólicos e o destino da totalidade dos fondos recibidos
BOPG n.º 420, do 14.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que elabore un documento no que se relacione por anos as contías que ten recibido a Xunta de Galicia dende 2010 de cada un dos parques eólicos instalados na nosa comunidade, así como o destino da totalidade dos fondos recibidos."
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2023
María Montserrat Prado Cores
Vicepresidenta 2.ª