saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o día 29 de decembro de 2022


A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 29 de decembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:​

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións


- 39870 (11/PNC-003525)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 6 máis

Sobre as actuacións que debe desenvolver a Xunta de Galicia co fin de acadar unha óptima coordinación na mobilización dos recursos de emerxencia

BOPG n.º 375, do 07.09.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia Insta á Xunta de Galicia a levar a cabo simulacros de implantación dos plans de protección civil aprobados pola Xunta de Galicia, co gallo de acadar unha óptima coordinación na mobilización dos recursos de emerxencia e así dar unha mellor resposta á poboación no caso de emerxencias que requiran a activación destes plans."

 

- 43640 (11/PNC-003842)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para facilitar ao Parlamento de Galicia unha relación das axudas, ingresos e garantías obtidos polo xornal "El Correo Gallego" entre os anos 2009 e 2022

BOPG n.º 412, do 22.11.2022

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que lle facilite a esta Cámara:

 

1) Unha relación detallada das axudas, ingresos e garantías de calquera tipo obtidos polo xornal El Correo Gallego da Xunta e entidades ou empresas dela dependentes, incluíndo o Igape e XesGalicia, entre os anos 2009 e 2022, con especificación do concepto de cada unha desas axudas, ingresos ou garantías, así como copia dos acordos que fundamentan esas axudas, ingresos ou garantías e dos informes que se tiveran en conta para a súa adopción.

2) Unha estimación dos importes adebedados polo Correo Gallego á Xunta e ás súas entidades e empresas dependentes e da porcentaxe que prevén recuperar deses importes".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina