A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 27 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 30052 (11/PNC-002692)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que considere a opinión do sector marítimo-pesqueiro no eido da eólica mariña
BOPG n.º 277, do 16.02.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que considere a opinión do sector marítimo pesqueiro entre os organismos consultados, no caso das iniciativas, no eido da eólica mariña, tal e como se recolle nos acordos acadados dentro do Observatorio da Eólica Mariña de Galicia."