Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 44175 (11/PNC-003884)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 7 máis
Sobre a solicitude que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España de inicio dun proceso de diálogo coas comunidades autónomas para garantir os dereitos dos bolseiros nas prácticas académicas
BOPG n.º 416, do 02.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado o inicio dun proceso de diálogo coas Comunidades Autónomas, como competentes en materia educativa xunto ao Ministerio de Educación y Formación Profesional, que garanta os dereitos dos implicados nas prácticas académicas, nomeadamente os dos bolseiros, e evite efectos perversos no sistema educativo que prexudiquen aos estudantes e á calidade da educación."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 43492 (11/PNC-003826)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza no ano do centenario do seu nacemento
BOPG n.º 410, do 16.11.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a coordinar unha programación ao redor da figura de Carlos Oroza no ano do centenario do seu nacemento que axude a divulgar a vida e a obra deste poeta entre a probaoación de Galicia."