saltar ao contido

O presidente do Parlamento visita o Centro Galego de Madrid



Santiago, 16 de decembro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou esta mañá o Centro Galego de Madrid, atendo a unha invitación formulada pola institución.

Durante a visita, Santalices mantivo un encontro co equipo directivo do centro, fundado en 1892, no que lle explicaron as diferentes actividades que promoven.  O presidente do Parlamento felicitounos polo labor que desenvolven como “faro de galeguidade na capital de España desde hai 130 anos".


 Saúdos, Gabinete de Comunicación.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina