A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de decembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único. Textos Lexislativos
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (doc. núm. 42963, 11/PL-000018)
1.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 42964, 11/PL-000019)
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente