A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 9 de decembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 31249 (11/PNC-002801)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre o apoio á tramitación e aprobación polo Congreso dos Deputados da Proposición de lei de bebés roubados no Estado español
BOPG n.º 286, do 02.03.2022
Sométese a votación separada por puntos.
O Punto 1 resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda como resolución apoiar as demandas dos colectivos sociais e dos organismos internacionais para que se axilice e impulse a tramitación e aprobación polo Congreso dos Deputados da Proposición de lei de bebés roubados no Estado español".