A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de novembro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, de montes veciñais en man común (doc. núm. 27854, 11/PPLI-000003)
Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
Publicación da proposición de lei, BOPG n.º 387, do 28.09.2022
1.2 Proposta de tramitación polo procedemento especial de lectura única do Proxecto de lei polo que se aproba unha retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico de Galicia, en aplicación do previsto no Real Decreto Lei 18/2022, do 18 de outubro, e, se é o caso, debate e votación do dito proxecto (doc. núm. 43397, 11/PL-000020)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 406, do 08.11.2022
Punto 2. Comparecencia
43820 (11/CPP-000109)
Da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, por petición propia, para informar sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero
Punto 3. Mocións
3.1 43579 (11/MOC-000124)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre a adopción de medidas para mellorar a atención ás vítimas de violencia machista (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 42854, publicada no BOPG núm. 405, do 4 de novembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 8 de novembro de 2022)
3.2 43649 (11/MOC-000125)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia
Sobre o transporte escolar público (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 41210, publicada no BOPG núm. 405, do 4 de novembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 8 de novembro de 2022)
3.3 43720 (11/MOC-000126)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre un pacto galego pola industria (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 42333, publicada no BOPG núm. 394, do 13 de outubro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 8 de novembro de 2022)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 42079 (11/PNP-003562)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022
4.2 42319 (11/PNP-003584)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para articular un plan de axudas ás pequenas e medianas industrias e ás persoas autónomas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022
4.3 42637 (11/PNP-003614)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ante a Unión Europea e o Goberno do Estado en relación coa posta en marcha de medidas que compensen as consecuencias socioeconómicas derivadas da prohibición da pesca de artes de fondo en oitenta e sete caladoiros do Atlántico nororiental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 397, do 19.10.2022
4.4 43135 (11/PNP-003668)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para elaborar un plan contra a pobreza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 404, do 03.11.2022
4.5 43327 (11/PNP-003686)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para implementar medidas económicas que incentiven os concellos á redución do lixo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
4.6 43422 (11/PNP-003695)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre o apoio do Parlamento de Galicia á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ou solicitar do Goberno de España nesta materia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
Punto 5. Interpelacións
5.1 39762 (11/INT-001957)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre a formación da poboación en competencias clave
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
5.2 41510 (11/INT-002016)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a xestión por parte da Xunta de Galicia do plan Hurbe
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
5.3 42795 (11/INT-002103)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a situación da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 43814 (11/POPX-000085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas dos orzamentos da Xunta de Galicia que prevén o necesario reforzo dos servizos públicos para o ano 2023
6.2 43816 (11/POPX-000086)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai impulsar a Xunta de Galicia para loitar contra a violencia machista
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 41644 (11/POP-006284)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as axudas para a gratuidade da atención educativa en escolas infantís
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
7.2 40424 (11/POP-006174)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
Sobre a valoración por parte da Xunta de Galicia do incremento dos casos de ocupación de vivendas e a pasividade do Goberno central
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 379, do 14.09.2022
7.3 43815 (11/PUP-000290)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a valoración da Xunta de Galicia de todas as leccións que nos deixou o afundimento e a catástrofe ambiental e social do Prestige
7.4 43256 (11/POP-006499)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre o grao de cumprimento do pacto ambiental asinado entre a Xunta de Galicia e Ence en xuño de 2016
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
7.5 40929 (11/POP-006215)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a información da que dispón neste momento o Goberno galego en relación coas causas do derrubamento e os traballos de reconstrución do viaduto da A-6 colapsado o pasado mes de xuño
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
7.6 43288 (11/POP-006504)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre a aceptación da solicitude do cambio de pantallas destinadas aos centros educativos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
7.7 43811 (11/PUP-000288)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre a presentación no Parlamento dun informe de execución e impacto do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en Galicia
7.8 37324 (11/POP-005341)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a actuación do Goberno galego para levar a cabo un novo modelo de atención primaria no sistema sanitario que permita aos profesionais mellorar a capacidade asistencial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente