saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 8 de novembro de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de novembro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Elección dun membro do Consello Social da Universidade da Coruña (doc.
núm. 41808, 11/PVCS-000004)

Punto 2. Textos Lexislativos

2.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei reguladora dos xogos de Galicia
(doc. núm. 42313, 11/PL-000016)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022

2.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia
(doc. núm. 42801, 11/PL-000017)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 396, do 18.10.2022

Punto 3. Comparecencia

3.1 43249 (11/CPP-000108)
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar dos resultados do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia unha vez finalizada a tempada de alto risco do 2022

Punto 4. Mocións

4.1 43031 (11/MOC-000121)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para evitar a segregación do alumnado por xénero nos centros de ensino concertados (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 30713, publicada no
BOPG núm. 282, do 24 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 19 de outubro de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022

4.2 43032 (11/MOC-000122)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación cos proxectos eólicos que vulneran a normativa ambiental (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 28908, publicada no BOPG núm. 270, do 3 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 19 de outubro
de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022

4.3 43034 (11/MOC-000123)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa emancipación da mocidade (Moción a consecuencia da Interpelación doc. 41947, publicada no BOPG núm. 390, do 5 de outubro de 2022, e debatida na sesión plenaria celebrada os días 18 e 19 de outubro de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022

Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 36132 (11/PNP-003224)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de dotación de recursos e atención pediátrica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022

5.2 40009 (11/PNP-003422)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facer fronte á situación de precariedade e empobrecemento que sofre a mocidade galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022

5.3 41257 (11/PNP-003493)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre a creación dunha comisión de investigación sobre a xestión, por parte do Goberno da Xunta de Galicia, dos fondos covid extraordinarios achegados polo Goberno do Estado no ano 2020
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022

5.4 42462 (11/PNP-003600)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España dunha ampliación dos prazos sinalados no Real decreto lei 23/2020 para facilitar o desenvolvemento dos proxectos eólicos viables
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 394, do 13.10.2022

5.5 42763 (11/PNP-003628)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 10 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-fronteira portuguesa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022

5.6 42928 (11/PNP-003647)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo da Xunta de Galicia para lograr un prezo da enerxía competitivo para a planta de Alcoa en San Cibrao
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022

Punto 6. Interpelacións

6.1 41210 (11/INT-002003)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 3 máis
Sobre o transporte escolar público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022

6.2 42333 (11/INT-002072)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre un pacto galego pola industria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022

6.3 42854 (11/INT-002107)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a adopción de medidas para mellorar a atención ás vítimas de violencia machista
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022

Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia

7.1 43244 (11/POPX-000083)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para suplir e garantir os beneficios da Tarxeta Básica

7.2 43245 (11/POPX-000084)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a postura do presidente da Xunta de Galicia respecto dos orzamentos

Punto 8. Preguntas ao Goberno

8.1 38713 (11/POP-005799)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e Pérez López, Daniel
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da situación das traballadoras do servizo de axuda no fogar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 26.08.2022

8.2 42310 (11/POP-006385)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 7 máis
Sobre a colaboración entre a Xunta de Galicia e as tres empresas seleccionadas como novos socios estratéxicos e tecnolóxicos do Polo Aeroespacial de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022

8.3 43241 (11/PUP-000285)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as previsións da Xunta de Galicia de atender a demanda da sociedade galega de rescatar a Corporación de Radio-Televisión de Galicia

8.4 43243 (11/PUP-000286)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ojea Arias, Eduardo
Sobre os recursos propios destinados polo Goberno galego para desenvolver a política de vivenda

8.5 38724 (11/POP-005810)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre os criterios que está a seguir a Xunta de Galicia respecto da planificación dunha mobilidade sustentable entre A Coruña e Oleiros a través da ría do Burgo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 26.08.2022

8.6 41656 (11/POP-006286)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre as medidas tomadas polo Goberno galego para o control da contaminación das augas na comarca da Limia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022

8.7 37085 (11/POP-005327)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre a implementación de axudas directas aos subsectores gandeiros de carne por parte do Goberno galego coa habilitación dunha partida con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 350, do 26.07.2022

8.8 37471 (11/POP-005398)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María e 7 máis
Sobre os próximos pasos previstos respecto das actuacións anunciadas no Complexo Hospitalario de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do
Regulamento.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina