Santiago, 27 de maio de 2011.- A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo Noguera, expresou este mediodía a súa “solidariedade e afecto” ás familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio rexistrado esta mañá fronte á costa galega, sentimentos que fixo extensivos “a todos os mariñeiros de Galicia”.
Rojo Noguera efectuou estas declaracións ao comezo dunha rolda de prensa celebrada para anunciar a celebración, o vindeiro 4 de xuño, dunha nova Xornada de Portas Abertas no Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación