saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 20 de outubro de 2022

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 20 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
 
- 42076 (11/PNC-003687)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central para a habilitación dun carril bus temporal á altura de Sol y Mar, no concello de Oleiros
BOPG n.º 394, do 13.10.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para a habilitación dun carril bus temporal a altura de Sol y Mar no concello de Oleiros”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina