saltar ao contido

Acordos Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 20 de outubro 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 20 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 39888 (11/PNC-003530)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia, a través da Fegamp, para mellorar a coordinación das policías locais
BOPG n.º 375, do 07.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta a Xunta de Galicia a adoptar o seguinte acordo:
 
- Instar a través da FEGAMP a todos os concellos de Galicia con corpos de Policía Local ou vixiantes municipais a que se dean de alta na nova aplicación do Rexistro de Policías Locais de Galicia (REPOLGA) e, deste xeito, mellorar a coordinación das policías locais.”
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 31561 (11/PNC-002825)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da remisión ao Parlamento dunha relación dos contratos formalizados coas empresas do grupo Eulen
BOPG n.º 289, do 09.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno de Galicia a que remita a este Parlamento unha relación detallada dos contratos formalizados entre as empresas do grupo Eulen e a administración autonómica galega ou calquera das entidades que dela dependen desde o ano 2009 ata a actualidade, incluíndo o procedemento polo que foi tramitado cada un deses contratos e o importe anual total dos contratos coas empresas do grupo Eulen en cada un dos anos que van desde 2005 ata a actualidade."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina