saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª., Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 11 de outubro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 11 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 39655 (11/PNC-003505)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para reforzar a resiliencia enerxética de España, en sintonía coas directrices europeas
BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a adecuar a Folla de Roteiro do Biogás ao potencial existente para producir este gas renovable, así como adoptar as medidas necesarias, tanto desde o punto de vista normativo como de incentivos económicos para impulsar o desenvolvemento das plantas axeitadas para converter nunha realidade os obxectivos que se marcan na estratexia REPowerEU en relación con esta tecnoloxía, a través do impulso dunha cogobernanza real e efectiva coas Comunidades Autónomas."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 

- 40597 (11/PNC-003569)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que a empresa Carrís Hoteles recupere a súa actividade no centro Carrís Almirante de Ferrol
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza insta a Xunta a intervir e mediar no conflito para que a empresa Carrís Hoteles recupere a súa actividade no centro Carrís Almirante de Ferrol.”
 
 
- 41188 (11/PNC-003603)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para lograr un uso axeitado e ordenados das vivendas de uso turístico
BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego ao efectivo cumprimento do Decreto 12/2017 e a colaborar coas administracións competentes en materia urbanística para lograr un uso axeitado e ordenado das vivendas de uso turístico."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina