A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 22 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 37792 (11/PNC-003453)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da creación de oportunidades para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring
BOPG n.º 364, do 22.08.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir traballando na creación de oportunidades para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring."
- 39772 (11/PNC-003513)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para axilizar a xestión das citas para a renovación de receitas nos servizos de atención primaria mediante a habilitación do persoal farmacéutico
BOPG n.º 375, do 07.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Consolidar a habilitación do persoal farmacéutico de atención primaria para a renovación da medicación de doentes crónicos previamente indicada prescrita, así como demandar do Goberno central que esta capacidade se blinde legalmente en toda España a través de normativa estatal.
2. Crear unha ferramenta que permita, mediante as plataformas e-saúde e Sergas Móbil, notificar a vindeira caducidade dunha receita, así como solicitar a súa renovación de maneira telemática, sempre que o paciente elixa este medio e o profesional médico o considere oportuno."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 39291 (11/PNC-003487)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para informar dos datos de falecementos por covid-19 ou sintomatoloxía compatible nos centros de atención residencial en Galicia
BOPG n.º 370, do 30.08.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, a través da Consellería de Política Social, se publique un informe no que se especifiquen os datos de falecementos por Covid-19 ou sintomatoloxía compatible desglosado por cada centro de atención residencial en Galicia, nos termos establecidos na sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao respecto, antes de que remate 2022."
- 40794 (11/PNC-003582)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto do servizo de ambulancias na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que de inmediato:
1. Presente no prazo dun mes un informe no Parlamento Galego sobre a prestación do servizo de ambulancias na Área Sanitaria Pontevedra o Salnés desde o último concurso: número de vehículos e profesionais en activo como mínimo cada mes, servizos prestados, isocronas, inspeccións realizadas, condicións laborais, desinfección de vehículos, material, controis de calidade realizados sobre a empresa concesionaria...
2. Esixa á empresa o cumprimento de todas as condicións establecidas na adxudicación do contrato."
Aprobado por unanimidade con modificacións
- 40794 (11/PNC-003582)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto do servizo de ambulancias na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que de inmediato:
1. Presente no prazo dun mes un informe no Parlamento Galego sobre a prestación do servizo de ambulancias na Área Sanitaria Pontevedra o Salnés desde o último concurso: número de vehículos e profesionais en activo como mínimo cada mes, servizos prestados, isocronas, inspeccións realizadas, condicións laborais, desinfección de vehículos, material, controis de calidade realizados sobre a empresa concesionaria...
2. Esixa á empresa o cumprimento de todas as condicións establecidas na adxudicación do contrato.
3. Proceda a realizar con regularidade inspeccións na empresa concesionaria para facer unha labor de comprobación das denunciadas efectuadas e de garantía da calidade na prestación do servizo. "