saltar ao contido

Acordos da Comisión1ª. Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 15 de setembro de 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 15 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións

 
- 39666 (11/PNC-003507)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 15 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España en relación coa eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a requirir do goberno español que apoie a presenza dos Presidentes das Comunidades Autónomas fronteirizas no Cumio Ibérico,  para que defendan as cuestións do seu eido competencial.
 
Pedimos ademais que apoie as reivindicacións presentadas pola Eurorrexión Galicia -Norte de Portugal, como as que van na liña de mellorar a calidade de vida da cidadanía, nomeadamente a que vive mais preto da fronteira, como pode ser o caso do Estatuto do Traballador Transfronteirizo.
 
No eido da mobilidade, e á vista das recentes declaracións nos medios dos representantes políticos de España e de Portugal, reiteramos a nosa reclamación dun especial apoio a reivindicacións como o mellora das infraestruturas básicas, como son a conexión do tren da alta velocidade entre Porto-Vigo e a saída sur de Vigo, a ampliación e a construción da ponte internacional Salvaterra de Miño-Monçao; as comunicacións por estrada na zona da Madalena-Fronteira Portuguesa; e a conexión en autovía entre a localidade lusa de Macedo de Cavaleiros e Vinhais coa A-52 e a estación do AVE na Gudiña, necesaria para conectar Portugal co AVE”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina