• O presidente do Parlamento de Galicia participou esta tarde, na sede Afundación A Coruña, na inauguración desta mostra
Santiago, 5 de setembro de 2022.- O presidente do Parlamento autonómico, Miguel Ángel Santalices Vieira, considera que a exposición AI: More tan Human, inaugurada esta tarde na sede Afundación A Coruña, “marcará un antes e un despois, tanto pola súa temática -de rabiosa actualidade-, polo rigor e espectacularidade do seu contido, pero tamén porque contribúe a situar e a consolidar a Galicia no circuíto das grandes exposicións internacionais”.
Santalices efectuou esta reflexión na súa intervención durante o acto inaugural da mostra, celebrado esta tarde, onde insistiu que se trata dunha exposición de dimensión internacional, “que para si quixeran outras cidades e comunidades españolas”. “Con esta mostra, A Coruña e Galicia enteira estamos de noraboa, e así llelo hai que agradecer a Abanca e a Afundación e aos seus presidentes que, unha vez máis, acreditan con feitos o seu inquebrantable compromiso con Galicia e cos galegos”, agregou Santalices.
O presidente da Cámara recordou e agradeceu a colaboración de Afundación para o desenvolvemento da exposición itinerante organizada para conmemorar o 40 aniversario do Parlamento de Galicia e que se amosa nas diferentes sedes de Abanca das cidades galegas.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.