saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 8 de xullo de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 8 de xullo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia

 
- 35140 (11/PL-000014)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de áreas empresariais de Galicia
BOPG n.º 323, do 25.05.2022

 
G.P. Popular de Galicia (P)
Dª. Marta Nóvoa Iglesias (titular)
Dª. Cristina Sanz Arias (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Dª. Alexandra Fernández Gómez (titular)
D. Ramón Fernández Alfonzo (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S)
D. Eduardo Ojea Arias  (titular)
D. Martín Seco García (suplente)
 
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 33035 (11/PNC-002986)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 10 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España de determinadas actuacións na planificación da rede eléctrica de España para 2021-2026
BOPG n.º 300, do 30.03.2022

 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que rectifique e inclúa na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 as seguintes iniciativas:

1º- O reforzo nos nodos de transporte máis próximos aos proxectos de xeración renovable, para minimizar o impacto de novas liñas eléctricas de evacuación, así como para garantir a competitividade da industria en Galicia -actual e futura- vinculada á instalación de novos proxectos.
 
2º- A conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e a construción dunha nova subestación no polígono de Balaídos, para atender as necesidades de subministración da industria, demostrando así o seu compromiso con Vigo e a automoción viguesa”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina