A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 21 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 34879 (11/PNC-003192)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto do establecemento de coeficientes redutores da idade de xubilación ao colectivo de observadores que dependen da Consellería do Mar
BOPG n.º 320, do 19.05.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
Levar a cabo as accións necesarias que permitan iniciar o procedemento para o establecemento de coeficientes redutores da idade de xubiliación ao colectivo de observadores e outros colectivos que dependen da Consellería do Mar.
Dirixirse ao Goberno de España para ínstalo a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 32686 (11/PNC-002948)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre a relación de postos de traballo do ente público Portos de Galicia que debe aprobar a Xunta de Galicia
BOPG n.º 300, do 30.03.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aprobar a relación de postos de traballo de Portos de Galicia, previo proceso real de debate, negociación e acordos cos representantes legais dos traballadores."