saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 28 de xuño de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 28 de xuño de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de xuño de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos Lexislativos
 
1.1 Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 2ª, OrdenaciónTerritorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, do Proxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga (doc. núm. 32399, 11/PL-000013)
Publicación Ditame da Comisión, BOPG n.º 330, do 13.06.2022
Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 330, do 13.06.2022
 
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de áreas empresariais de Galicia (doc. núm. 35140, 11/PL-000014)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
Publicación da emenda á totalidade, BOPG n.º 333, do 16.06.2022
 
Punto 2. Comparecencia

 
2.1 36269 (11/CPP-000089)
Da conselleira de Política Social e Xuventude, por petición propia, para dar cumprimento ao previsto no Plan de traballo da Comisión especial non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 36151 (11/MOC-000103)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a política do Goberno galego respecto da autorización de parques eólicos (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 25221, publicada no BOPG núm. 232 do 24 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 14 de xuño de 2022)
 
3.2 36163 (11/MOC-000104)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina
Sobre as actuación que debe levar a cabo o Goberno galego ante a situación dos equipos técnicos encargados da valoración da dependencia (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 34003, publicada no BOPG núm. 315 do 4 de maio de 2022, e debatida na sesión plenaria do 14 de xuño de 2022)
 
3.3 36170 (11/MOC-000105)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre a política do Goberno galego en materia de atención primaria (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 35222, publicada no BOPG núm. 325 do 1 de xuño de 2022 , e debatida na sesión plenaria do 14 de xuño de 2022)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 30738 (11/PNP-002653)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a implantación do sistema de gardas de vinte e catro horas nos xulgados da Coruña e Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
4.2 33937 (11/PNP-002978)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre as actuacions que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co incremento dos delitos de odio contra as persoas do colectivo LGTBI
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
4.3 34931 (11/PNP-003089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas políticas que afectan as persoas do colectivo de lesbianas, gais, transxéneros, transexuais, bisexuais e intersexuais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
4.4 35280 (11/PNP-003122)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para a rectificación do disposto na lei de residuos estatal e a ampliación do prazo, fixado pola directiva europea en decembro de 2023, que teñen os concellos de máis de cinco mil habitantes para implantar a recollida de biorresiduos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
 
4.5 35403 (11/PNP-003139)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 4 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado da creación de xulgados de violencia sobre a muller nos partidos xudiciais de Ourense, Santiago de Compostela e Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
 
4.6 35965 (11/PNP-003203)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 14 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España de medidas para solucionar o problema xerado polo colapso e o peche da circulación do viaduto do Castro, na autovía do Noroeste, e garantir a seguridade e a funcionalidade desa infraestructura viaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 332, do 15.06.2022
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 34926 (11/INT-001795)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e 2 máis
Sobre a sinistralidade laboral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 

5.2 35117 (11/INT-001803)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego sobre o uso agrícola ou forestal de terras de vocación agrícola procedentes de procesos de concentración parcelaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
5.3 35511 (11/INT-001831)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre os servizos de medicina interna
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
6.4 36264 (11/POPX-000071)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para reforzar a Atención Primaria ante o inicio da temporada estival
 
6.5 36266 (11/POPX-000072)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a defensa polo Goberno galego dos intereses de Galicia ante o Estado
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 36263 (11/PUP-000264)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
Sobre os contratos privados de patrocinio publicitario adxudicados no mes de maio pola Axencia de Turismo de Galicia mediante procedemento negociado sen publicidade a medios de comunicación con domicilio social en Madrid
 
7.2 29533 (11/POP-004430)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Carballo Páez, Ramón e 12 máis
Sobre a decisión do Goberno municipal de Lugo de manter pechado, sen uso e sen mantemento, o novo auditorio
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
 
7.3 34660 (11/POP-005016)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre a valoración polo Goberno galego da sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza que desestima a reclamación feita pola empresa concesionaria da AP-9 sobre o pagamento das peaxes en sombra de Rande e A Barcala
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 320, do 19.05.2022
 
7.4 35976 (11/PUP-000260)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 11 máis
Sobre a información dispoñible por parte da Xunta de Galicia en relación coas circunstancias, causas e posibles solucións en que traballa o Goberno de España para a reparación do viaduto colapsado na A-6
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332, do 15.06.2022
 
7.5 36260 (11/PUP-000263)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a colaboración do Goberno galego co Goberno central na mellora do mapa de transportes
 
7.6 35206 (11/POP-005085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre a inclusión da oferta do novo bacharelato xeral e o bacharelato de artes para o curso 2022-2023 nos centros educativos do Val Miñor
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
7.7 27427 (11/POP-003980)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre as axudas outorgadas pola Xunta de Galicia a Ilunion Servicios Industriales para promover a integración laboral das persoas con discapacidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 20.01.2022
 
7.8 35352 (11/POP-005108)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia para dotar de dous profesionais de psiquiatría o cadro de persoal do Servizo de Saúde Mental da Mariña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina